new icn messageflickr-free-ic3d pan white
2473-Porta de San Pedro na muralla romana de Lugo | by jl.cernadas
Back to photostream

2473-Porta de San Pedro na muralla romana de Lugo

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

 

O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros[1] e a súa altura varía entre os 8 e os 12 metros,[2][3] sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.

 

Inicialmente a muralla tiña cinco portas,[4] mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición

 

Portas da muralla de Lugo.

1. Porta de San Fernando

2. Porta Falsa

3. Porta da Estación

4. Porta de San Pedro

5. Porta do Bispo Izquierdo

6. Porta do Bispo Aguirre

7. Porta de Santiago

8. Porta Miñá

9. Porta do Bispo Odoario

10. Porta Nova

 

Porta de San Pedro

Por esta porta entraban as calzadas XIX e XX procedentes de Asturica Augusta (Astorga) e Bracara Augusta, actual cidade de Braga. Sita no lugar dunha porta romana, era denominada na Idade Media como Porta de Sancti Petri. É por onde entra o Camiño de Santiago na súa variante do Camiño Primitivo. Tamén foi coñecida como Porta Toletana polos mercadores casteláns que ás veces chegaban á cidade.

 

Está situada nunha vagada e mide 3,70 m de ancho e 4,85 m de alto, sendo a altura ata o adarve nese punto de 10,80 m. Está constituída por unha bóveda de medio canón e un arco faixón. Foi modificada en 1781, pasando a posuír un corpo interior de garda semellante ao da Porta Miñá, utilizado coma capela ata 1846, cando foi derrubada.

 

Está decorada na súa parte exterior co escudo da cidade, coa coroa e os dous leóns rampantes, onde ademais se indica nunha inscrición o comezo da reconstrución da porta en 1781. Sobre a coroa do escudo da cidade a xente adoita lanzar moedas que se caen enriba da mesma lles permitía cumprir un desexo. Atravesando á dereita éntrase na praza do Cantiño, onde se atopan unhas escaleiras de acceso ao recinto amurallado.

 

Galipedia.

5,980 views
3 faves
19 comments
Taken on January 7, 2010