new icn messageflickr-free-ic3d pan white
Cruceiro do Outeiro de Castrelo | by SINDO MOSTEIRO
Back to photostream

Cruceiro do Outeiro de Castrelo

O cruceiro do Outeiro está situado no cruce dos camiños do Facho e de Lourido, no lugar do Adro da parroquia de Castrelo, no concello de Cambados. A súa situación actual é bastante deficiente, abeirado a uns carteis indicadores e publicitarios, a un valo e nun lugar de paso frecuente de vehículos. Xa foi movido tempo atrás para facilitar precisamente o tránsito a cada volta máis acelerado dos coches e hoxe en día resulta totalmente invisible se un non sabe que está nese lugar. Ten moitas semellanzas co próximo cruceiro do Adro, o que indica unha mesma autoría e data, sen que a día de hoxe saibamos nin unha nin a outra. Atendendo á calidade da labra das figuras tiña que ser un mestre canteiro ben recoñecido. Levántase sobre tres pasos, hoxe ocultos en parte baixo o asfalto, e o varal incorpora dúas figuras. Unha delas representa a santo André coa cruz a xeito de aspa que o identifica, e a outra resulta difícil de definir debido ao seu mal estado de conservación, aínda que podemos ver un personaxe vestindo hábito cinguido por un cordón, cos pés espidos e en actitude de lamento diante de Cristo crucificado. É posible que se trate de María Magdalena ou ben san Francisco. Actualmente carece de capitel e de cruz, a bo seguro que algún listo terá tales cousas no seu xardín ou colección de rapina particular. A principios dos anos 80 do pasado século aínda estaba completo.

 

MÚSICA: Sébastien de Brossard - Parce Mihi Domine, 1ere Lecon Des Morts

youtu.be/Pq1TpRwMPtk

741 views
5 faves
3 comments
Taken on September 15, 2013